A Comunidade de Montes de Camposancos quere agradecer ao Concello de A Guarda e a Asociación medio ambiental sin animo de lucro, a Jalleira, formada por mozas e mozos da contorna en colaboración co Xacobeo o abeiro da campaña «O Camiño agardate», que o pasado fin de semana, 25 e 26 de xaneiro, organizaran unhas xornadas medio ambientais co fin de mellorar e embelecer un tramo do Camiño Portugués pola Costa o seu paso polo Monte Trega, no tramo que vai dende O Aloque ata A Sangriña.

Sumáronse dous grupos de 25 persoas voluntarias, incluso nenos, que cada día iniciaron na Pasaxe, Camposancos, unha andaina na que os técnicos de A Jalleira e do Concello foron comentando a historia e os valores ecolóxicos do pequeno tramo polo que camiñaron ata a zoa donde se realizaron os traballos de eliminación de especies invasoras, e plantáronse 200 árbores frondosas e froiteiros variados como cerdeiras, acivros, pereiras, sobreiras, modroñeiros, freixos, oliveiras e Castiñeiros.

Seguro que pronto os peregrinos agradecerán e gozarán o seu paso por esta aba do Trega, comendo algunha froita arrincada da árbore. Unha vez máis, a nosa gratitude O Xacobeo, o Concello, a A Jalleira e a todas as persoas voluntarias que participaron nestas xornadas e enriqueceron o patrimonio forestal do Trega”, apuntan dende a Comunidade de montes de Camposancos.