ALFREDO

Na mañá de hoxe, xoves 30 de xaneiro, tivo lugar á visita do deputado autonómico, secretario xeral do PSdeG-PSOE e candidato deste grupo político á Presidencia da Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, ao Concello de Tui, sendo recibido polo Alcalde tudense e a equipa de goberno socialista.

Como explica o propio Gonzalo Caballero no seu tweeter estivo en Tui “repasando a axenda de asuntos importantes para este concello e o noso compromiso de cumprir desde un goberno socialista na Xunta fronte os incumprimentos de Feijóo cos tudenses”, sinalan os populares.

O Grupo Municipal do Partido Popular expresa o seu malestar e indignación polo utilización partidista do Concello por parte dos socialistas, «pois a visita do candidato socialista á Presidencia da Xunta como ben manifesta no seu tweet non era para a súa actividade parlamentaria senón para facer campaña partidista de cara ás eleccións autonómicas a celebrar no decurso deste ano 2020 e darse a coñecer, pois segue resultando un gran descoñecido para a opinión pública pois ata agora nada de mención ten feito a prol de Galicia e os galegos«, apuntan.

«Resulta escandaloso, din, esta confusión entre o institucional e o partidario e o aproveitamento interesado da institución municipal por parte dos socialistas (en Tui e logo en Ramirás e Celanova) que evidencia como, tras ás boas palabras, hai unha concepción rexeitable do uso das institucións públicas«.

«Pero máis escandaloso resulta que se permita criticar a labor feita pola Xunta de Galicia na nosa cidade e insultar a intelixencia dos tudenses. Parece que o noso Alcalde se esqueceu de informarlle do verdadeiro compromiso do Presidente e da Xunta de Galicia co noso municipio. Fai escasas semanas o propio Alcalde acudiu a presentación da licitación do acceso aó polígono industrial de Areas VAC Tui – A Guarda por importe superior aos 21 millóns de euros. Tamén esqueceuse de informarlle do novo edificio xudicial en cuxa inauguración participou o propio Alcalde cun investimento de preto de 3 millóns de euros. En ese exercicio de amnesia tamén se esqueceu de comentarlle a inversión da Xunta no noso Centro de Saúde; Rotonda de Guillarei; Rotonda de Areas, e un largo etc, non só en obras senón en moitos outros servizos públicos», asegura o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, José Ángel Fernández Rodríguez.

Este Grupo Municipal solicita que tanto o Alcalde de Tui como o deputado autonómico e candidato á Presidencia da Xunta de Galicia se desculpen ante os cidadáns de Tui por empregar de xeito partidista unha institución de todos como é o Concello de Tui.