O vindeiro sábado, a partir das 13:30 horas no hotel O Muiño, a Comunidade de Montes de Camposancos organiza a sua celebración anual máis intima e arraigada, a XXIII Paletada Laconada de San Amaro, con paleta, lacón, chourizo, patacas, verzas, aperitivos, sobremesa, viño, café e chupitos.

Pola mañá, «Os Terribles» de Tomiño percorrerán o pobo anunciando a festa o son das gaitas e bombos. Despois da comida, o trío «Nostalgias» convidará os presentes a desgastar os excesos gastronómicos con música bailable, o que tradicionalmente se coñecía como a festa da Cañota.