Manifesto Miñor – En Marea Baiona presenta a candidatura formada por persoas do común e comprometidas cun cambio no concello. «Trátase dun grupo de mulleres e homes convencidxs da necesidade dunha alternativa para transformar Baiona nun Concello para á veciñanza».
«Dende Manifesto Miñor – En Marea apostamos pola transparencia como eixo central dun goberno que permita a asistencia e participación da veciñanza e das asociacións veciñais nos Plenos da Corporación. É urxente abrir o concello e escoitar as veciñas e os veciños», apuntan.
«Por outra banda, é unha prioridade a conservación e protección do medio ambiente: o monte debe converterse nun espazo multifuncional que supere o monocultivo de eucaliptos. Asemade, cómpre eliminar definitivamente a posibilidade dun Campo de Golf en Baredo e rexenerar a Foz do Miñor«, sinalan.
«Baiona ten que apostar polo emprego de calidade, de xeito que a nosa mocidade non se vexa obrigada a emigrar. Para iso, temos que mellorar o transporte público no Val Miñor, coa Universidade e con Vigo», dicen.
«Os Gobernos de dereitas de Baiona non se preocuparon polos problemas da veciñanza. Queda moito por facer!«, finalizan.