O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, estivo hoxe en Baiona para mostrar o apoio dos socialistas galegos á candidatura de Carlos Gómez Prado.

Entre as 25 prioridades do programa electoral, está un Plan Estratéxico para o Comercio de Baiona, “que será consensuado co sector, co que xa falamos deste tema e co que mantivemos unha magnífica relación durante todo o mandato”, explicou o candidato socialista.

O plan servirá para modernizar e dixitalizar o sector, que fixo un esforzo enorme durante a pandemia e merece todo o noso apoio”, engadiu Gómez Prado.

González Formoso e Gómez Prado fixeron un repaso de todas as iniciativas realizadas para apoiar o sector servizos, “entre elas, a desestacionalización dos eventos, como o Festival La Recta de hoxe”.