ALFREDO // Carlos Gómez Prado

Carlos Gómez Prado asegura que “deixamos o Goberno local de Baiona cun remanente de tesourería de 1.650.530 euros ao peche do exercicio 2022, o que demostra a boa xestión económica realizada”.

“Gobernamos -di- con responsabilidade, tamén no aspecto económico, aprobando un orzamento cada ano e deixando neste 2023 o maior paraugas social que tivo nunca Baiona”.

Gómez Prado anuncia unha oposición «construtiva e responsable. Hai 2.000 veciños e veciñas de Baiona que depositaron a súa confianza en nós o pasado 28 de maio, deben ter claro que o noso proxecto continúa”.

Fiscalizaremos cada acción do novo goberno local. Nos últimos catro anos demos pasos moi importantes para mellorar os servizos públicos en Baiona, non permitiremos pasos atrás”, remata.