O vindeiro mércores 9 de outubro, Carlos Taibo estará no Fuscalho da Guarda falando de «Decrecemento en tempos de emerxencia climática».

Carlos Taibo:

De orixe galego, emigrou de cativo para Madrid, onde hoxe en día é profesor titular de Ciencia Política e da Administraçom na Universidade Autónoma de Madrid. É firme partidario do movemento antiglobalizacion, do decrecemento e da democracia directa.

É autor de máis de trinta libros en galego e castelán, moitos deles relativos ás transicións na Europa central e oriental e temas xeopolíticos de interese xeral. Os seus libros sobre o decrecemento contan con varias reedicións.