tecendo lazos

Preto de 20 persoas iniciarán esta semana un curso formativo do programa da Deputación de Pontevedra “Tecendo Lazos 2019”, cuxo principal obxectivo é crear espazos onde as persoas dunha mesma familia e doutras poidan xuntarse e intercambiar experiencias arredor das temáticas de cada obradoiro.

Así, o vindeiro luns, 7 de outubro, iniciaranse en Baiona a acción formativa denominada “Xogos con risas aseguradas”, na que participarán preto de vinte persoas ata o 11 de outubro. A actividade desenvolverase no Multiusos Ángel Bedriñana (rúa Carabela Pinta nº11) de luns a xoves entre as 16.00 e as 19.30 horas e o venres entre as 16:00 e as 18:00 horas.