Carme Núñez

Carme Núñez, actual portavoz municipal do BNG en Tui, repetirá como candidata do BNG. O Bloque convértese así na primeira organización política da localidade en decidir oficialmente a vindeira candidata ás eleccións municipais.

Xosué Campos, responsable local, presentou a proposta saída do Consello Local da formación para que a militancia nacionalista votase na Asemblea celebrada o día 8 de xuño na Sala Félix.

Alí explicou que a considera “a mellor candidata que pode ter Tui e o BNG: traballadora incansábel, cun proxecto firme e necesario para Tui e coa vontade mellorar cada recuncho de Tui e a vida dos e das tudenses.”