O Auditorio da Casa-Museo da Navegación de Baiona acollerá este xoves, 20 de abril, a presentación da obra “Por Amor a Ti, Meu Fillo”, da escritora ourensá María José Rodríguez.
O acto, coordinado pola Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Baiona, celebrarase ás 19:30 horas e será a propia autora a que presente a súa primeira obra, na que fai unha chamada contra a violencia de xénero.
