“Esperanzados”: así se mostraron o sábado os representantes da Asociación de Veciños ao terminar a Asemblea extraordinaria celebrada no CEIP de Sabarís. Dita Asemblea foi convocada polo colectivo debido ao inminente traslado da sede actual, que debe ser abandonada debido as obras para os novos pisos sociais.

A única alternativa que tiñamos ata o venres era ir para Baiona, cousa que, como ben sabedes, rexeitamos de pleno. Agora hai posibilidades de quedar na nosa parroquia, tal e como se aprobou na Asemblea Xeral do mes pasado, polo que nos sentimos moito mellor”, explican dende a Asociación.

Tamen queren agradecer a presencia do alcalde de Baiona. “Sería desexable non ter chegado ata aquí, e este entendemento chega algo tarde, pero chega. Agradecemos a Carlos Gómez que escoitara aos veciños e que se sentara con nós para buscar outra solución que non fose o traslado a Baiona”.

A solución que se vai intentar dar​ é que se “resolva o Procedemento da antiga casa Rosa, para que así poida ser cedida para a asociación. ​ Non é a primeira vez que a solicitamos. Entendemos, ademais, que é un beneficio para todas as partes, xa que a instalación leva xa moito tempo pechada e sen uso, co deterioro do edificio e os materiais que isto supón. O Procedemento pódese resolver en 20 días. Estaremos en contacto co Concello durante esta semana”, aseguran.

O colectivo, que logrou reunir o sábado a cerca de un centenar de persoas, que tamén se sente “triste”. “É ​duro para nós que nun día tan complicado como o do sábado non acudisen á asemblea nin Carlos de La Peña nin Iago Pereira, ámbolos dous tenentes de alcalde e veciños de Sabarís. Entendemos que terían os seus motivos, pero ningún representante de ámbalas dúas formacións apareceu por alí. Ao acto estaba convidada toda a corporación. Non faltou, pola contra, ningún membro da oposición”, afirman.

Por último, ​ os Representantes do Colectivo sinalaron que “esperemos que o diálogo que comezamos onte co Concello non se trunque nunca máis. Este é o camiño para resolver os conflitos que poidan xurdir”.