Asociación Cultural Centáurea

Este «Sábado Corredoiro», celebrarase o IV Certame de Coplas do Entroido organizado pola Asociación Cultural Centáurea, coa colaboración do Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra.

Participarán as comparsas Os Tarteiras de Vigo, Animodo de Domaio, O Zooilóxico de Mañufe e Esensias Parrandeiras de Peitieiros.

A troula iniciarase ás cinco e media da tarde. As participantes sairán en pasarrúas dende a Praza de Abastos, seguindo polo parque da Coelleira até a Praza da Paradela, onde as comparsas interpretarán cadansúas coplas.

O acto será presentado e amenizado polos regueifeiros Kike “O Fedello de Xixín” e Mani “O Trasno da Fraga”, e ao remate entregarase un agasallo ás comparsas participantes e o premio á mellor valorada polo xurado.