Cayetano Lledó

Este xoves, 25 de xullo festividade de Santiago Apóstolo, o Auditorio de San Bieito da Guarda acolle o espectáculo de maxia «Lafayette Show», a cargo de Cayetano Lledó, un produtor e distribuidor de teatro, ilusionista e actor de improvisación galego.

O evento arrancará ás 20:30 horas cun espectáculo de maxia teatralizada, con comedia e humor, apto para todos os públicos. Teatro e ilusionismo con maxia musical, manipulación de cartas e obxectos, clown, cambios de vestuario, números de mentalismo, hipnosis, pantomima, danza.