Rosalía de Castro
Rosalía de Castro

O centro educativo de educación infantil e primaria (CEIP) de Belesar acollerá a exposición “Mulleres Galegas na Historia” desde o 13 de febreiro ata o 2 de marzo no que expón un profundo repaso da vida das dezaseis mulleres máis representativas de Galicia.

María Balteira, Inés de Castro, María Castaña, María Pita, María Soliña, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato, La Bella Otero, Ernestina Otero, Maruja Mallo, Enriqueta Otero, María Antonia Dans, María Casares, Xela Arias, Julia Minguillón e Rosalía de Castro. Todas elas son mulleres que marcaron a historia de Galicia e a todas elas está adicada a exposición que os alumnos do CEIP Belesar inauguran o próximo luns, as 11:45 horas, no centro escolar coa presencia do alcalde, Ángel Rodal, e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal.

A mostra ten como obxectivo poñer en valor o esforzo e sacrificio de mulleres que loitaron ao longo da historia co fin de conseguir mellorar a situación feminina da época.

Este ano o centro educativo traballa como tema central a igualdade, polo que decidiu poñer en marcha esta actividade enmarcada no Plan Municipal de Igualdade do Concello de Baiona e realizada en colaboración coa Deputación de Pontevedra a través das áreas de Educación, Cultura e Igualdade.

A exposición estará aberta ao público e todos os interesados poden visitala de luns a xoves en horario de 16:00 a 18:00 horas.