No día de hoxe cumprense 90 anos da estrea en Montevideo dunha película rodada no Val Miñor durante o verán de 1928 por emigrantes desta comarca.

No vídeo podense apreciar as costumes da poboación de varias parroquias do Val, as súas festas e procesións, o alumnado nas escolas, paisaxes…, constituindo un documento único do lugar de gran interese cultural.

Para conmemorar o aniversario, a Asociacion Chandebrito 1807, proxectará o referido vídeo o luns día 18 de marzo a partires das 19:30 horas. na escola infantil de Chan de Brito, convidando a asistir a todos a esta actividade gratuita.