Casa de la Cultura de Tomiño
ALFREDO // Casa de la Cultura de Tomiño

A Casa da Cultura de Tomiño acollerá o xoves 13 de decembro unha charla-coloquio sobre a “Recuperación do espazo público para as persoas”, a cargo de Fernando Nebot, enxeñeiro de camiños e consultor de mobilidade, e Jeanne Picard, fundadora e delegada en Galicia, de Stop Accidentes.

Organizada pola Deputación de Pontevedra e Club Faro, a charla, presentada por Uxío Benítez (deputado de Mobilidade), comezará ás 20.00 horas.