Deporuarte

A deputada de Xuventude e Cohesión Social, Digna Rivas, acudirá mañá martes ás 10:30 horas ao IES Auga da Laxe de Gondomar onde o alumnado participante presentará un novo mural elaborado no marco do proxecto “DepoRúARTE», Pintando alternativas” da Deputación de Pontevedra. O tema elixido polos estudantes para o mural, realizado en colaboración coa artista Noemí Núñez, foi unha “homenaxe ao Guernica”.

Nesta iniciativa participaron un total de 14 alumnos de segundo de bacharelato que cursan a especialidade de artes. Na parede elixida para a realización deste proxecto xa había unha mostra dun “Guernica” cuxo autor é descoñecido, polo que a razón de escoller esta temática foi darlle continuidade á obra preexistente, todo isto en colaboración coa artista Noemí Núñez.

Así, e tras as distintas sesións formativas das que consta o programa, foise elaborando o mural que se presenta este martes ante o corpo docente e o resto do alumnado do centro.