Oia proyecta un parque forestal de 50.000 metros cuadrados
ALFREDO // Monte de Santa María de Oia

O BNG organiza en Oia para este sábado, ás 18:30 horas, na Casa da Cultura de Oia, un acto público informativo e de debate sobre o monte galego. Baixo o lema “O futuro do monte galego”, o BNG pretende reflexionar sobre a riqueza e as posibilidades que xera e ofrece o monte.

Para o BNG as posibilidades e a riqueza que aporte no futuro o monte vai depender de que se faga un uso ordenado e racional, se aproveite integralmente e se xestione con participación e transparencia para vincularnos a todos na súa conservación e defensa.

Falarase da importancia  da  preservación e do aproveitamento do monte galego que vai máis aló dos lumes, apostando por un monte multifuncional que sexa fonte de riqueza e que, lonxe de ser unha ameaza polo seu estado de abandono e polo seu nivel de eucaliptización, sexa unha liberación e un estimulo económico, social e ambiental, sendo parte da solución ao abandono do rural que ten que desenvolverse de xeito harmónico e integral.

Así pois contaremos coas intervencións da responsábel local do BNG en Oia, Paula Soto, Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Montes, e, Xosé Luis Rivas “Mini”, deputado do BNG no Parlamento Galego .