ALFREDO

A ANPA do CEIP Fontes de Baíña, Baiona, organiza unha charla-obradoiro dirixida a familias con fillos en educación primaria de todo O Val Miñor. A charla levará o título “Como fomentar a autonomía e a responsabilidade nos nosos fillos e fillas”, e será impartida por Randall Hernández, terapeuta familiar.

Esta actividade ofrece aos pais e nais un espazo de reflexión en torno a ensinanza de hábitos de autonomía e abordará a importancia do desenvolvemento da autonomía e a súa relación coas rutinas desde unha metodoloxía participativa.

O aforo da charla-obradoiro é limitado e irase completando por orde de inscrición, preferiblemente a través do envío dun whatsapp ao 654 838 212, ou dun correo electrónico a anpafontes@hotmail.es no que se indique o nome e os apelidos da(s) persoa(s) interesada(s) en participar.

O acto será o próximo luns 28 de maio ás 19.00 horas na Casa da Navegación, rúa Ventura Misa, 17, en Baiona.