ALFREDO // Monasterio de Oia

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), comprácese en convidarvos este venres, ás 20:00 horas, á charla de Xoán Martínez: Chief Executive Officer de KALEIDO Ideas & Logistics; co título «Mosteiro de Oia, unha loita pola rehabilitación e sostibilidade».

Ó remate terá lugar uns petiscos e uns viños para despedir o ano.

Esperamos contar coa vosa presenza na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.