Concello de O Rosal
CEDIDA // Concello de O Rosal.

Neste último cuatrimestre do ano, o Concello do Rosal organiza 4 charlas orientadas a ofrecer un espazo de reflexión e experiencias compartidas que axuden aos pais, nais e profesionais a lograr o pleno desenvolvemento das nenas, nenos e adolescentes para facilitar a convivencia familiar.

As charlas están orientadas a todas aquelas persoas que estean interesadas en abrir novas posibilidades de resolver conflictos, reforzar a comunicación e o diálogo, e establecer relacións saudables entre os membros da familia.

Esteban Figueirido, psicólogo e terapeuta familiar, exerce como profesional desde hai máis de 15 anos no ámbito privado e en colaboracións con Centros de Servizos Sociais e CIM. Ten escrito numerosos artigos e ten publicados 3 libros en colaboración coa Editorial Publicacións Andamio.

A actividade contará con servizo de canguro para a atención a nenos e nenas durante a hora e media aproximada que durará a charla, deste xeito facilitarase a asistencia das persoas que teñan dificultades para conciliar.

A primeira das charlas será este martes 25 de setembro ás 19.30 horas no Salón de Exposicións do concello e tratará sobre a comunicación na familia. “Como comunicarnos mellor cos nosos fillos/as” será unha charla de 1 hora e media aproximada que pretende ser dinámica e interactiva entre todos os presentes.