ASTILLERO RÍO SANTIAGO

A Confederación Intersindical Galega do Baixo Miño ( C.I.G.), vai realizar un curso de acceso ao naval  no vindeiro mes de Outubro, nos locais do Sindicato, sito na Praza da Guia, 3 Baixo- A Guarda.

Este curso está composto de 20 horas en varios módulos, e realizarase na semana do 2 ate o 6 de outubro, a razón de 4 horas diarias , en xornada de tarde no horario de 17.00 a 21.00 horas.

Por medio deste comunicado, a CIG- Baixo Miño, quere por en coñecemento da cidadanía en xeral e dos traballadores do Baixo Miño que aquelas persoas que están interesadas en traballar nos asteleiros navais, será necesario ter a titulación para poder traballar neses centros de traballo, e polo tanto tal curso.

Este curso estará composto de alúmenos de 15 persoas, podendo ser ampliado ate un máximo de 30 persoas.

Se estás interesado/a, en realizar este curso de acceso ao naval, podes dirixirte ao Local da CIG- Baixo Miño, no horario habitual de atención ao público, ou ben chamando ao Tlf: 986.61.04.65