Arthur Christmas
Arthur Christmas

O auditorio Lois Tobío de Gondomar, acollerá este venres, ás 19:00 horas, a película infantil “Arthur Christmas”. A entrada é de balde ata completar aforo.

Sinopse:

Todo o mundo sabe que cada Nadal, Papá Noel entrega agasallos a todos os nenos da Terra. O que non todo o mundo sabe é que Santa Claus logra o seu cometido cun operativo de alta tecnoloxía debaixo do Polo Norte. Pero cando o impensable sucede, e a Santa esquéceselle un neno entre centos de millóns, alguén ten que salva-lo día. Agora depende de Arturo, o fillo menor de Papá Noel, entrega-lo agasallo que o seu pai esqueceu antes de que chegue a mañá de Nadal.