Una familia feliz

A axenda de verán do Concello de Tomiño continúa a botar fume e este venres, ás 22.30 horas na Praza do Seixo, no marco do cinema ao aire libre que se celebra no mes de xullo, proxectarase a película ‘Una familia feliz’, ideal para todos os públicos e para que os pais e nais acudan cos seus fillos.

A película trata sobre a familia Wishbone, que está a pasar por un mal momento. Para mellorar as cousas van a un parque temático. Todo ía ben ata que una bruxa bótalles una maldición e os converte en diferentes monstros. Terán que demostrar que aínda sendo tan diferentes poden convertirse nunha gran familia.

As outras películas que se proxectaron os dous primeiros venres de xuño foron todo un éxito neste ciclo de cinema de balde foron todo un éxito, chegando a congregar a aproximadamente 500 persoas.