Xoán Álvarez e Antía Fernández, do Círculo Podemos Nigrán, presentaron esta mañá unha moción por rexistro, para que o Concello se sume á iniciativa dos bancos da amizade.
Dita iniciativa foi levada a cabo no Concello de Gondomar e cren que é unha boa idea contribuir na creación dunha vila máis amable en prol do traballo e dos bos valores, rexeitando o acoso e promovendo a empatía.