Club Polideportivo San Xerónimo Emiliani participou no Campionato de España de Campo a Través

O pasado sábado celebrouse no parque do Palacio de la Magdalena en Santander, o Campionato de España de Campo a Través da FEDDI 2019 no cal participou o Club Polideportivo San Xerónimo Emiliani da Guarda.

O bo tempo acompañou toda a xornada atlética. Houbo unha gran participación de atletas representando a clubes de 12 comunidades autónomas diferentes.

O Club Polideportivo San Xerónimo Emiliani, participou na categoría de habilidades deportivas con Celia López Camacho que acadou a 12ª posición. Na categoría adaptada femenino as representantes foron Maite Santos Fernández (4ª), Nuria Pereira (5ª) e Vanesa Martínez (8ª). E finalmente, a categoría competición masculina participaron, Borja Cadilla Lomba(23º) e Armando Verde (25º xeral e 2º Veterano).

O Club Polideportivo San Xerónimo quere dar a noraboa aos deportistas polos seus resultados e participación e agradececer o traballo de adestradores, monitores, voluntarios e colaboradores que fan posible a realidade do club deportivo e dan as gracias tamen aos concellos de Tomiño e o Rosal polos chándales novos que luciron os atletas.