Charly López

O clube Spartan Team de Tomiño estrease nesta nova tempada 2018/19 o vindeiro venres 12 de outubro na IX velada Concello do Barco de Valdeorras. 

Ata alí se desprazarán dous representantes do Spartan. Por un lado, o luso afincado no clube, Fabio Montenegro, que compitirá na modalidade de boxeo e na categoría dos -63kg, que enfrentará ao púxil local Felipe Morales.

Tamen na modalidade de boxeo estará competindo o Goianés Charly López, este na categoría dos -72kg, que enfrentará ao tamen experimentado púxil ourensán. Manuel Jiménez.

Será unha gran velada na que ademais destes dous combates tamen estarán competindo outros nomes importantes dos deportes de contacto como Tito Macias, de Ponferrada ou Olmo de Paz, da Coruña…sen duda un gran evento para os deportes de combate.