ALFREDO

Este domingo, 1 de setembro de 2019, os concellos de Tomiño (Galicia) e Vilanova da Cerveira (Portugal) acolleron unha nova edición do Tríatlon da Amizade, organizado conxuntamente pola Federação de Triatlo de Portugal e a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, con apoio de Pedal´Arte.

Durante a proba de natación, un dos atletas participantes de nacionalidade portuguesa, desapareceu, malia todos os esforzos inmediatamente realizados polas embarcacións que daban apoio á proba. Tralo suceso toda a actividade competitiva foi suspendida.

As labouras de busca reanudáronse hoxe a primeira hora da mañá, con todos os esforzos para a súa localización, sendo utilizados todos os medios adecuados (mergulladores, barcos con sonar e helicópteros).

A operación está a ser coordinada pola Capitanía do Porto de Caminha e a Comandancia Naval do Miño.