El fiscal pide cárcel para tres vigilantes de la cofradía de Baiona por falsedad documental
ALFREDO // Lonja de Baiona (Archivo)

Os concelleiros do BNG en Baiona e Nigrán, xunto á eurodeputada Ana Miranda, mantiveron un encontro con membros da Confraría de Baiona para expresarlles o seu apoio ás demandas en defensa da pesca artesanal.

«A proposta de declaración institucional será refrendada no vindeiro Pleno Municipal, na busca de que o maior número posíbel de concellos actúen do mesmo xeito e demostren tanto á Xunta de Galiza como á Unión Europea que as medidas que se están a adoptar no sector pesqueiro condenan á pesca accidental, na súa modalidade de pesca artesanal, que é estratéxica e imprescindíbel para o sustento de moitas familias«, sinalan dende o BNG.

Até hai pouco a UE definía a pesca costeira artesanal como a desenvolvida por buques inferiores a 12 metros de eslora e con determinadas artes de pesca, considerando calqueira eslora superior ou con artes non consideradas artesanais como pesca industrial, «provocando que non poidan acceder ás axudas dos Grupos de Acción Local de Pesca con fondos FEMP».

Do mesmo xeito, o criterio de reparto de cotas a través de datos de capturas históricas obvía que Galicia representa o 90% da frota de artes menores do Cantábrico-Noroestes e que en aplicación dese criterio non acada máis dun 15% de cota nalgunhas especies. «Non se entende«, dicen, «esa regulación contra a pesca artesanal cando é a máis sustentábel e respectuosa co medio mariño».

Tamén xurdiu no encontro a cuestión da protección da Foz do Miñor, trasladando Ana Miranda á Plataforma en Defensa da Foz do Miñor o ofrecemento para realizar unha viaxe a Bruxelas durante o debate das medidas para o saneamento das rías.

Outra das cuestións abordadas foron medidas alonxadas da realidade que se impoñen desde órganos europeos, como a instalación de cámaras nas embarcacións.