ALFREDO // Mercado sábados de Gondomar

O caos administativo, legal e tributário no que estivo instalado durante décadas o mercado semanal da vila de Gondomar, rematou, así o comunican dende o Concello de Gondomar.

Postos non declarados, ausencia de documentación administrativa, tributación caprichosa, intermitente ou ausente, ubicación  aleatoria dos postos, etc, formaban parte do día a día”, indica Xosé Antón Araúxo, Concelleiro de Comercio..

“Dentro do proceso de reconversión do mercado semanal, que incluía o cambio dos luns cara aos sábados, un dos obxectivos fundamentais era situar na legalidade, na igualdade de oportunidades e na seguridade xurídica a todos e cada un dos seus vendedores”, expón Araúxo.

“O mercado que  empezou a funcionar en nova data o primeiro sabado de maio 2017 e duplicou o número de postos”, apunta o concelleiro ematiza que, “na actualidade hai 59 postos ocupados, pero o máis importante é que absolutamente todos teñen a documentación en regla. Por tanto damos por rematado o proceso de legalización, do que estamos francamente satisfeitos”.

“Tamén a legalización, seguridade xuridica e a igualdade diante da lei era  o noso obxectivo para Praza de Abastos; Un gran motor do comercio local, que sempre quixemos potenciar,” afirma.

Araúxo asevera que “co proceso de adxudicación que a Concellería de Comercio puxo en marcha e que foi publicado no BOP o 25 de abril de 2017, tería dado legalidade a todos os actuais praceiros e aos novos solicitantes. Infelizmente o concurso foi “Processus Interruptus” no último día, e a día de hoxe, a situalición legal dos praceiros segue no limbo da legalidade”.

“Tal como fixemos co mercado dos sábados, temos a intención de dotar  de máxima legalidade a todos praceiros e adxudicar os vacantes dentro da máis estricta legalidade,” remata o concelleiro de comercio.