Este xoves 28 de setembro, en simultáneo coas outras compañeiras nas grandes cidades de Galicia, a Marcha Mundial das Mulleres da Louriña vaise a concentrar no Porriño ás 20:00 horas diante do centro médico.
«Este 28S como cada ano reivindicamos a garantía ao acceso á interrupción do embarazo na sanidade pública. Este ano ademais nun contexto no que as políticas da Xunta do PP en relación ao aborto son cada vez máis lesivas para a saúde das mulleres«, sinalan dende a Marcha Mundial das Mulleres da Louriña.