Las Anpas del Valmiñor (Favalmi) se concentrarán a las 109:00 horas de esta tarde en A Ramallosa para mostrar su total rechazo al protocolo de vuelta al cole de la Xunta de Galicia y denunciar “el total abandono por parte de la Consellería”.
Desde Favalmi aseguran que a dos días de empezar las clases «la situación en la comarca no puede ser más caótica».
Anpas:
Temos centros en Baiona xestionadas por Anpas, que a dia de hoxe non teñen claro que podan dar os servizos de comedor sen incorrer nunha responsabilidade da que os seguros de responsabilidade civil xa están fuxindo, deixando claramente fora de cobertura o risco covid.
A Consellería di non poder facerse cargo inmediatamente destes comedores, deixando a decisión na man das directivas que están negociando ”in extremis” cos concellos
Pola mesma razón na practica totalidade das escolas non haberá servizos de conciliación, aulas madruga e extraescolares xestionados polas Anpas.
ORGANIZACIÓN DOS CENTROS
FAVALMI denuncia que hai centros na comarca que xa están pedindo ás familias que ademais das máscaras que deben portar obrigatoriamente os seus fillos, teñen que mercar dous botes de xel hidro alcohólico de 500 ml. e unha caixa de panos desbotables, outros advirten que os cartos que aportan a aula para actividades complementarias no centro este ano van ser utilizados para a compra de desinfectantes.
As escolas que decidiron desdobrar aulas ( como é o caso de CEIP SERRA VINCIOS) o están facendo a conta de quedarse sen mestres de apoio, deixando os seus cadros en mínimos sen posibilidade de substitución diante de imprevistos ou axuda para as crianzas que precisen de apoio.
A Consellería ata día de hoxe non vai aportar reforzo algún os centros, mesmo increméntanse na comarca os postos itinerantes que van a atender varios centros, estamos a falar de profesionais tan importantes para os alumnos, como a orientación, e a logopedia.
ESPAZOS
A desorganización da Consellería chega a tales extremos que no CRA de Gondomar, que a 31 de agosto de 2020 deciden acometer unha reforma para dividir en dous o espazo da aula de Peitieiros en dous aulas minúsculas onde van construír un baño novo e van meter a 39 (20 e 19) alumnos. O patio tamén quedara dividido en dous mini patios.
Ademais disto 12 alumnos do CRA terán que ir compartir comedor cos mais de 200 do Neira Vilas.
Aducindo problemas de espazo en todo o Concello de Gondomar reducíronse as prazas de comedor, tendo que realizar dúas quendas en algún dos centros, e quedando fora do servizo ata máis de 20 familias por centro.
COMEDORES XESTIÓN CONSELLERIA
A día de hoxe aínda esta aberto o prazo de inscrición nos comedores xestionados pola Xunta, no caso de que o espazo dispoñible non sexa o suficiente para atender todas as solicitudes pola aplicación do protocolo covid moitas familias quedaran tamén sen praza.
TRANSPORTE ESCOLAR
Non hai outra medida prevista mais que a utilización de mascaras nos autobuses, sen absolutamente ningunha limitación de aforo.
FENDA DIXITIAL
A Consellería non ten prevista ata o de agora medida algunha, nin partida orzamentaria neste sentido.
Por estas razóns convocamos a comunidade educativa a que participen hoxe as 19:00 horas na concentración e que apoien a folga do ensino convocada para os dias 11 de 16 de xuño
Uníndonos a iniciativa das ANPAS GALEGAS quen por razóns de conciliación teña que levar aos seus fillos ao escola que amose a seu apoio portando un brazalete ou lazo negro tanto familias, como crianzas para manifestar o seu apoio á FOLGA.