O BNG de Gondomar convoca unha concentración na vila Condal por unha atención primaria de calidade con consultas presenciais.
Será este sábado, ás 12:00 horas, diante do centro de saúde de Gondomar. Intervirán, Manuela Rodríguez, Portavoz Municipal, e a deputada do BNG no Parlamento Galego, Carmela González.
Será obrigatorio o uso de máscaras e manter a distancia de seguridade.
