ALFREDO

A corporación municipal de Tui, e no seu nome o alcalde, Enrique Cabaleiro, quere amosar a súa condena ante o triplo crime cometido esta mañá en Valga, ao mesmo tempo que neste día queren estar o carón dos fillos, das familias e dos amigos de Sandra, Alba e Elena.

Este novo crime machista que deixa tanta dor e desesperación, non pode máis que servir para que a rabia que produce este triplo asasinato se converta en forza para seguir traballando e erradicar dunha vez por todas, da nosa sociedade, a violencia contra as mulleres.

A corporación tudense convoca a toda a cidadanía a unha concentración que terá lugar mañá martes, 17 de setembro, ás 12 do mediodía diante da casa do concello, para amosar a solidariedade dos veciños de Tui, coa familia das mulleres asasinadas e coas xentes de Valga.