Gran partido o presenciado onte no campo de As Baloutas de Mos, entre dous moi bos conxuntos, que demostraron un gran nivel competitivo e o nivel de mellora e reforzo respecto a tempada pasada. O partido pudo caer para calquera dos dous lados, se ben o máis xusto foi o reparto de puntos, nun día o que destacaron tamén os porteiros e as defensas.

Na primeira metade os locais estiveron mellor sobre o terreo de xogo, pois tiñan máis control da pelota pese a non arriscar en exceso. O calor pronto fixo mella nos homes dun e outro conxunto, atenuado polo alto ritmo de xogo que ambas escadras marcaron no terreo de xogo. Víase que sería un encontro moi disputado e que se decidiría por pequenos detalles.

Na primeira media hora chegou un contratempo para cada equipo, pois un problema no aductor fixo que Chuvi se retirase nos locais dando entrada a Gerardo. Un mareo de Kevin deu lugar á entrada de Álex Oya. Ningún dos dous adestradores cambiou o debuxo, pois ambos estaban satisfeitos co que se veía. O Mos dispuxo de dúas grandes oportunidades para abrir o marcador. O Gondomar á contra e nun saque de esquina poido tamén anotar, pero atento o gardamallas local e a zaga visitante, fixeron que o marcador non se movese nos primeiros corenta e cinco minutos.

Na segunda metade Víctor Santos mudou as intencións e moveu banco no descanso e ideas para afrontar o resto. A partires de ahí, un equipo: o Gondomar CF. Nos primeiros vinte minutos foron seis as ocasións claras que tiveron os gondomareños logo dun gran dominio, con falta de sorte nos metros finais, pois a defensa local sacou un balón baixo paos.

Benavides fixo dúas grandes intervencións e non tiveron acerto nun saque de curruncho, e mesmo estragaron un balón ao longueiro. Emilio Paz mudou o debuxo e trocou ate catro xogadores de campo, pero o dominio do Gondomar seguía a ser moi claro. As grandes individualidades locais sí que serviron para que en dous balóns largos ao final, Pablo Cousido tivese dúas ocasións nas que Sebas fixo dúas grandes intervencións, provocando que o marcador non se movera. O equipo segue sen coñecer a derrota e puntuando contra os favoritos. Agora toca refrendar este bo arranque ante o Matamá, co que xogarán a domicilio novamente.