Día Contra la Violencia de Género

Vimos de coñecer un novo caso de feminicidio, desta volta na localidade de Valga.  María Jesús Aboy, de 43 anos, foi asasinada pola súa ex-parella, que posteriormente se suicidou.

Hoxe máis ca nunca temos a necesidade de seguir saíndo á rúa, para denunciar todo tipo de violencias que se exercen sobre as mulleres e condenar as políticas retrógradas do Goberno que está a usar a crise como escusa para xustificar o desmantelamento de todos os avances e dereitos conseguidos ate hoxe, deixando na indefensión a todas as mulleres.

Desde o Grupo de Acción Feminista do Baixo Miño, sumámonos á convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres, e, facemos un chamamento a toda a veciñanza da comarca para acudir á concentración convocada en repulsa da violencia machista este martes 12, ás 20:30 horas na praza do Reló, no concello da Guarda. Debemos berrar alto e claro que non morren, senón que son asasinadas. Querémonos vivas!