Este luns 25 de novembro conmemórase o Dia Internacional Contra a Violencia, no que se trata de denunciar toda clase de actos violentos contra as mulleres e nen@s.
A Asociación de Mulleres Área Loura, convoca a toda a cidadanía a concentrarse este 25 de novembro as 20:00 na Ramallosa con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero.
Desde a súa institución, son moitos os avances logrados, pero aínda queda moito por facer. Unha proba diso, son as 56 vítimas de violencia no que vai de ano, e non debemos esquecernos dese perigoso discurso da ultradereita que desde as bancadas do Parlamento nega sistematicamente o machismo e os malos tratos, á vez que ignoran e desprezan calquera demanda feminista.
Temos que continuar berrando e clamando contra a violencia machista, contra os feminicidios, contra o machismo e o patriarcado, que aínda permanecen moi vivas na nosa sociedade.
Queremos lembrar a todas as asasinadas, non son ningún número, teñen nomes e apelidos, e berrar por elas e por nós: Nin unha vítima máis, o machismo mata! Quéremonos vivas, libres, iguais e respectadas!