Este venres 8 de marzo conmemorase o día Internacional da Muller pero aínda queda moito por facer para acadar a igualdade entre mulleres e homes.
Con tal motivo, os colectivos feministas do Val Miñor convocan unha concentración ás 13:30 horas deste venres na Ramallosa. A marcha sairá dos tres concellos coma outros anos e reuniranse na Ramallosa.
«Temos que continuar berrando e clamando contra a violencia machista, contra os feminicidios, contra o machismo e o patriarcado, que aínda permanecen moi vivas na nosa sociedade«.
«Nin unha vítima máis, o machismo mata! Quéremonos vivas, libres, iguais e respectadas».