Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211
Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211

A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, actúa este domingo, ás 12.00 horas na Casa da Cultura da Guarda, dentro dos actos programados pola Asociación Piueiro con motivo da celebración do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais que terá lugar do 11 ao 14 de xullo en A Guarda.

Este o primeiro concerto da Orquestra no Baixo Miño: o sábado 11 de maio actuará en Oia e o domingo 12 de maio no Rosal, tamén dentro das actividades culturais programadas no marco do Encontro.

Un dos obxectivos da KV2211 é social. Este concerto adícase, co fin de compartir e facer visibles os valores que representa, a Avelaiña unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública e integrada por persoas con enfermedad mental, familiares, cuidadores e persoas sensibilizadas ante este problema de saúde.

A Orquestra Kv2211

A Orquestra Kv2211 conta con 50 membros, nenos e mozos entre 8 e 20 anos de idade, con formación en instrumentos de corda, vento, piano e percusión. A Orquestra actuará coas súas dúas agrupacións: en primeiro lugar, os máis pequenos, integrantes da Orquestra Infantil e posteriormente, a Orquestra Xuvenil, para dar paso á actuación da Orquestra Kv2211 no seu conxunto.

Dirixida por José M. Fernández e Raquel Fernández Núñez, a Kv2211 interpretará un divertido repertorio de pezas de música clásica. A entrada ao Concerto é gratuíta ata completar aforamento.

O proxecto Kv2211 xurdiu no mes de outubro de 2017 da inquietude de crear unha orquestra de cordas asentada en tres alicerces: educativo, cultural e social. Dende entón un grupo de mozos músicos voluntarios da Orquestra están a realizar un amplo labor formativo con estes mozos músicos, ademais da adaptación das partituras ao seu nivel.

A Asociación Piueiro

A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro constituiuse en outubro de 2017, e dende o comezo conta coa participación de asociacións e de persoas a título individual. O seu ámbito de acción é o concello de A Guarda, aínda que por cuestión evidentes -o mar e o río non entenden de fronteiras- ten unha forte relación co resto de concellos da bisbarra do Baixo Miño galego e do Alto Minho portugués.

Entre os fins da asociación atópase recuperar arquivos, imaxes e demais documentación da historia mariñeira; desenvolver e fomentar actividades culturais variadas: e promocionar valores literarios, históricos, culturais, educativos e tradicionais, fundamentalmente respecto da cultura mariñeira.

Ademáis de organizar o Encontro, na actualidade está a desenrolar exposicións e talleres formativos entre os rapaces e construindo un volanteiro con fondos propios e privados.