A Presidencia do Parlamento de Galicia, a Asociación de Exparlamentarios eo departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia do CPI de Cova Terreña organizaron unha charla coloquio no salón de actos do Centro Público Integrado de Cova Terreña.
Nesta sesión divulgativa que tivo como obxectivo que o alumnado de 3º de ESO coñecera de preto o traballo que se desenvolve nesta institución, exdeputados explicaron as funcións desta cámara, a súa composición e órganos e contestaron ás preguntas do alumnado asistente.
A charla complementouse cunha proxección audiovisual, que fixo un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia.
Neste acto participaron os exdeputados Don Manuel Barros Puente(PSdeG), Dna. Olaia Fernández Davila (BNG) e D.Manuel Pérez Álvarez (PPdeG).