ALFREDO // Banda de Música Agrupación Musical de A Guarda

A Entidade Local Menor de Camposancos organiza o próximo domingo 15 de maio, ás 17:00 horas, o acto das letras Galegas con un concerto de música tradicional a cargo da Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda baixo a dirección de Victor Alonso Treinta.

O acto realizarase  na Praza de San Amaro e en caso de choiva celebrarase no Casino de Camposancos.

Esta actividade organizada pola Entidade Local Menor de Camposancos conta coa Colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.