Mi Calip’s

As actividades para público infantil e o concerto de grupos locais, xunto a Semana de Teatro Amador, centran este venres a programación das Festas de San Telmo en Tui.

Mañá rematan os obradoiros infantís que se veñen celebrando dende o luns. Os nenos e nenas realizarán de 11:00 a 13:00 horas, no Centro Sociocomunitario de Tui na rúa Colón, a decoración de cupckes con diferentes tipos de ingredientes. Ás 16.30 hpras, na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, terá lugar a proxección da película “Operación cacahuete 2: misión salvar el parque”, coa que se pecha a programación de cinema infantil.

Dende ás 19:00 horas, no Paseo da Corredoira actuará Máxico Brais e o pallaso Tanito co espectáculo “Menudo Circo”, dirixido a toda a familia. No mesmo mesturan maxia, clown, humor, música.

O grupo de teatro San Fíns de Rebordáns estreará a comedia “Bar Manolo” dentro da XI Semana de Teatro Amador, ás 21:00 horas, no Teatro Municipal de Tui. As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 20.30 h ao prezo de 1,5€.

A partir das 22:00 horas, no Paseo da Corredoira, os grupos tudenses «Mi Calip’s» e «Factor 50» estarán en concerto no Paseo da Corredoira.