O Departamento de Xuventude do Concello de Baiona, informa de que a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, acaba de abrir o prazo de solicitudes dos campamentos de verán 2019, destinados a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 9 e os 17 anos.
Os campamentos desenvolveranse tanto en Galicia como fora de Galicia, e se contemplan descontos no prezo, tanto para os posuidores do carné xove, como para as familias numerosas. Así mesmo, se contemplan quendas de inclusión para a mocidade con discapacidade.
O prazo de solicitudes está aberto ata o 7 maio, e podense tramitarse na OMIX, sita no 2o andar da casa do concello, con teléfono 986385921.