O vindeiro venres, as 22:30 horas, a praza do Seixo de Tomiño acollerá o concerto homenaxe a o grupo “Los Tamara”.

Será unha interesante mestura de voces de Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Miguel Ladrón de Guevara coa música da Agrupación Musical de Goián dirixida polo mestre Pedro Villarroel. Vanse interpretar cancións tradicionais galegas e boleros clásicos como “A Santiago Vou”, “Airiños, Airiños, Aires” ou “Unha noite na eira do trigo” entre moitas outras.

O concertó está organizado pola Agrupación Musical de Goián e conta coa colaboración do Concello de Tomiño.

O grupo “Los Tamara” foi formado en Noia en 1958. Tiveron unha gran popularidade nos anos 60 e 70 revolucionando a música popular e incluíndo varias letras en galego nunha época na que a língua propia era perseguida pola dictadura. Ademáis versionaron algúns poemas de grandes escritores como Curros Enríquez ou Rosalía de Castro.