TVG

O Co-mando Ghichas e a Asociación de Mulleres Area Loura convoca unha concentración na Ramallosa este martes, ás 20:00 horas, polo crime machista de Cabana de Bergantiños.

«Un novo asasinato machista nos enche de tristeza, indignación e nos leva a convocar de novo unha concentración para berrar unha vez máis O Machismo Mata! Basta! Querémonos Vivas e Libres!».

Este é o terceiro asasinato en Galicia no que vai de ano. O primeiro foi no Porriño, Magdalena Moreira, no mes de xuño. Hai un mes na Coruña, María Judite Martín Alves foi degolada polo seu marido. Ahora, outra muller foi asasinada a tiros tamén polo seu marido, deixando dous nenos horfos.

«Non podemos deixar de saír á rúa e manifestar a nosa dor e repulsa, facer visible este femicidio e seguir berrando contra esta desfeita».