O pasado 28 de xuño de 2018 o TSXG emitía sentenza sobre o recurso prantexado polos traballadores do GES de A Guarda sobre o carácter fixo da súa relación laboral, e non temporal como pretende o Concello en relación a demanda pola contratación fraudulenta realizada polo Concello dos traballadores do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal), onde esta administración, tendo convocado un concurso-oposición para 9 postos de traballo como traballadores de emerxencias do GES eran contratados como persoal laboral en agosto de 2013. A sentenza confirma a fixeza dos traballadores demandantes do GES de A Guarda, e condena ao Concello a transformar os seus contratos temporais en fixos.
A sentenza acredita que “os postos son de carácter estructural e non pode sustentarse a suposta temporalidade” e que “a contratación fraudulenta dos actores ha de levar á declaración da súa fixeza habida conta de teren superado un concurso oposición conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade“.
Dende a CNT indican que «a sentenza sinala a mala fe e a vontade de actuar contra os dereitos dos traballadores por parte da corporación municipal da Guarda: é a Administración Pública a que optou por unha contratación temporal fraudulenta cando os postos de traballo eran de natureza estrutural e polo tanto debería ter sido convocados como fixos desde o principio, sen que o feito de que a propia Administración tivera utilizado un proceso selectivo público sen respectar todos os requisitos estabelecidos no Convenio Colectivo de aplicación poda ser utilizado como un argumento en contra dos intereses dos traballadores.”
Segundo a sección da CNT, “o abuso de poder por parte do Concello e o abandono dos traballadores por parte do Comité de Empresa do Concello de A Guarda, levou, a que a maioría dos 9 recén contratados polo Concello se organizasen na CNT”, constituíndo a sección sindical en novembro de 2015.
Dende este sindicato tamen sinalan que, «dende o primeiro minuto da creación da Sección, organizada, implicada e asesorada polos propios servizos xurídicos e de organización da CNT e con carácter autónomo dentro da organización interna, a sección sindical sufriu presións por parte dos responsables municipais, comenzou traballar e abrir varias frontes, como é este da reclamación de fixeza. A sección sindical lembra o percorrido legal da demanda de fixeza que acaba de fructificar: En abril de 2016 preséntase a primeira demanda contra o Concello, seguindo a esta outra en decembro de 2016 nos Xulgados de Vigo, sobre a que se publica a sentenza en xuño de 2017, declarando esta os traballadores como Persoal laboral indefinido non fixo«.
Sen embargo, a Sección da CNT no Concello de A Guarda, a CNT-Compostela e o seu equipo de organización e xurídica non aceptaron esta sentenza de Vigo, xa que era contraria aos resultados que se esperaban, e ante a posibilidade de recurso no TSXG, presentouse este, sendo fieis o traballo realizado hasta o momento polos membros da Sección da CNT do Concello de A Guarda e o da equipa de xurídica e organización da CNT, dando este procedemento de recurso como resultado «o recoñecemento do estatus de traballadores fixos do Concello de A Guarda, obrigando así a administración demandada a transformación inmediata dos contratos dos traballadores demandantes, o que supón o 50% do plantel”.
A organización anarcosindicalista matiza que “o traballo da Sección da CNT no Concello de A Guarda non remata aquí, xa que este triunfo para novas forzas para continuar a denuncia da opresión e discriminación laboral que se sufre a día de hoxe. Seguirase a traballar noutros eidos como son a prevención de riscos laborais, a través de secretaría de PRL da Sección da CNT, a cal xa deu resultados no seu día conseguindo traballar no plan de PRL directamente e creando partidas de reposición entre outras. Tamén se teñen desenvolvido outros traballos de denuncia a través da secretaría de organización, como é o recoñecemento das horas extras, e máis puntos que se están a tratar para traballar polo bo funcionamento do servizo de Emerxencias e loitando polo dereitos dos traballadores.”