ALFREDO // Ex-colegiata de Baiona

O vindeiro mércores 14 de agosto, ás 20:00h en Capitanía Marítima , Anxo Rodríguez Lemos, historiador e doutorando na USC e membro do IEM, ofrecerá a conferencia titulada «Os tempos na Colexiata de Santa María de Baiona», en colaboración co concello de Baiona.

Colexiata de Santa María de Baiona.

De influencia cisterciense, o templo parroquial de Santa María de Baiona, elevado a colexiata en 1482 conservando o rango ata mediados do século XIX, está posiblemente asentado sobre unha igrexa anterior, máis pequena, dependente da “uillam Erizanam” que Alfonso VII e Berenguela doan en 1137 ao eremitorio de San Cosme e San Damián. 

A conferencia, impartida polo historiador e doutorando na Universidade de Santiago de Compostela Anxo Rodríguez Lemos, recentemente investigador no Archivio Segreto Vaticano, permitirá facer un percorrido polos distintos tempos en que foi construída e remodelada, así como entender a súa impronta, entre as doce colexiatas galegas e as tres da diocese tudense, como centro reitor de toda unha vila no relixioso.