Protección Civil de Tomiño

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución das axudas para as agrupacións de persoal voluntario de Protección Civil dos concellos da comarca do Baixo Miño, que recibirán da Vicepresidencia da Xunta de Galicia case 2.800 euros a través da orde de colaboración económica con estas entidades, destinada a posibilitar o seu funcionamento a través do financiamento de gastos de natureza corrente.

As entidades, que están inscritas no Rexistro de Agrupacións de Persoal Voluntario de Protección Civil de Galicia, percibirán 1.623 e 1.123 euros respectivamente e son as dos concellos do Rosal e Tomiño.