O Centro Goianés organiza este venres, ás 20:00 horas, unha conferencia de Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría de Montes de Pontevedra da Universidade de Vigo titulada “Os incendios de 2017.
¿Qué aprendemos para mellorar a planificación forestal?. Juan Picos falará da necesidade dunha xestión adecuada dos montes e dos usos do solo para reducir o risco de incendio e mellorar a resistencia do monte, polo que os incendios tenden a ser cada vez máis agresivos e perigosos para a poboación.
Un estudo sobre os incendios de 2017 na provincia de Pontevedra leva a este experto a analizar os lugares onde parou o lume para establecer puntos estratéxicos onde se debe actuar para previr. Juan Picos considera que a sensibilización e formación das comunidades locais e dos responsables políticos é clave para planificar mellor o territorio, atendendo aos múltiples factores que inflúen nos lumes.