A corporación de Nigrán acordou por unanimidade na Xunta de Portavoces os cinco galardoados cos Premios Nigrán 2019, cuxa gala se celebrará o 27 de abril, ás 20.00 horas, no Auditorio Municipal.
A selección, feita de xeito transparente entre tódolos representantes políticos, foi realizada grazas ás propostas efectuadas previamente polos diferentes partidos, colectivos sociais, culturais e veciñais do municipio. Esta decisión será ratificada oficialmente no pleno do 25 de abril.
Deste xeito, nesta oitava edición serán homenaxeados:
No eido cultural:
- Asociación Cultural Breogán Valle Miñor.
No educativo:
- Escola Infantil ‘A Galiña Azul’.
No empresarial:
- Rodosa
No deportivo:
- Club de xadrez Laroca.
No social:
- Club Polideportivo Juan María.